A asociación “Observatorio de Igualdad” organizou en Carballo unha xornada de debate e reflexión titulada “A Custodia Compartida en Positivo”, convidando como ponente a Estefanía Montero, pertencente a AGPNS (08/07/2017) e colaboradora na ILP Coparentalidade.
Tamén asistiron a dita xornada varias persoas da AGPNS entre o público, como Lois Toiran, Presidente da Asociación e un dos promotores da ILP Coparentalidade.
O acto celebrose ás 10h da maña do 08/07/17 no Forum, facendo a apertura Mari Carmen Vila do PSOE de Carballo e actuando no Primeiro Panel como ponentes: Yoya Neria (Avogada), Ana M.ª Valcarcel (Avogada) e Montserrat Vale (Avogada). No Segundo Panel participaron: Patricia Vilán( Parlamentaria do PsdeG) e Estefanía Montero( AGPNS), xa que Ana M.ª G. Abelleira (Concelleira en Lugo Serv.Sociais) non asistiu aínda que figuraba como participante neste panel.
Primeiramente intervíu Ana M.ª Valcarcel, falando das vantaxes da Mediación, xa que ela tamén é mediadora. Di que a diferencia dos xulgados coa mediación é que nesta última os proxenitores poden falar das súas pretensións e sentimentos e tamén intentar poñerse no lugar da outra parte para poder chegar a acordos. Fai referencia a “Mediación Intraxudicial” como un equipo formado por un avogado e un psicólogo, sendo un servizo gratuíto para quen o solicite.
Seguidamente falou Yoya Neira, explicando que o Tribunal Supremo manifestou que a Custodia Compartida (agora Coparentalidade) é o ideal e debe ser o preferente, matizando segundo ela que non en tódolos casos. Falou tamén dos progresos neste ámbito en comunidades con lei propia como son Aragón, Cataluña ou País Vasco. Manifesta que o problema de algunhas mulleres é o sentimento de propiedade dos fillos/as e di “Os fillos non nos pertencen a ningún dos proxenitores e criámolos para a vida”. Cunha mensaxe clara: non se pode utilizar a pensión dunha separación para tratar de mellorar a situación social da muller. Ten que haber outros mecanismos sociais para elo. Non se pode utilizar e cousificar a nenos e nenas con esa fin.
Montse Vale di que ela está en contra da Custodia Compartida imposta e di que hai falta de medios e que o problema é que o IMELGA tarda 1 ano en atender os casos que lle chegan. Ao que Yoya Neira lle interpela se entón está de acordo coa Compartida imposta para as nais que é o que está a suceder e lle di tamén que a falta de medios non debe ser escusa para tirar para atrás unha lei xusta.
Tocou despois de isto as preguntas e intervencións dos asistentes, nas que participaron varios membros da AGPNS.
No segundo bloque iniciou a súa exposición Patricia Vilán, falando de que nas leis ao igual que na vida en xeral, hai que cambiar a linguaxe e por exemplo en vez de “pais” apareza a palabra “Proxenitores”, no sitio de “Divorcios e Separacións” que sexan “Rupturas de familias”. Tamén di que o deber dos políticos é cambiar a lexislación e traela á realidade actual. Hai que ser proactivos, a lei axuda a cambiar mentalidades, a crear unha nova cultura, a fomentar o cambio e aí deben estar os grupos políticos. Finalmente di que hai estudios que din claramente que os fillos son máis felices en réximes de Custodia Compartida que nos da monoparental.
Cerrando este panel interveu Estefania Montero (AGPNS), dicindo e centrándose sobre todo na figura dos/as nenos/as que moitas veces son os grandes esquecidos das leis e dos procesos xudiciais. Manifestando que todos debemos velar pola súa saúde non só física senón tamén emocional e non utilizalos como arma que guindar para facerlle dano o outro proxenitor logo dunha ruptura de parella.
Podería tirarse a conclusión de que o PSOE apoiará a admisión a trámite da ILP no Parlamento de Galicia para o seu debate.
O acto rematou sobre as 14h coas conclusións finais e clausura, onde falaron Miriam Couceiro (vogal do Observatorio) e Olga Patiño (Presidenta)
Etiquetas: debate-custodia-compartida