Os grupos politicos do Parlamento de Galicia presentan emendas de supresión completa da ILP Coparentalidade en resposta ao informe negativo de competencias (11/6/2018)

11/06/2018

Os grupos politicos do Parlamento de Galicia presentaron emendas de supresión completa de todos os artigos e disposicións da ILP Coparentalidade en resposta ao informe negativo sobre competencias emitido pola Comisión Superior do Dereito Civil Galego (ver noticia anterior).

Únicamente o PP manifesta a disposición de requirir ao Parlamento do Estado a elaboración dunha nova normativa de caracter estatal. 

As emendas presentadas polos grupos pódense consultar nos seguintes enlaces ou directamente na web do expediente no Parlamento (http://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/10/PPLI-000001):

Comentario

A Asociación Galega de Pais e Nais Separados e a Comisión Promotora da ILP Coparentalidade teñen recibido a seguinte información dos representantes dos grupos parlamentarios do PP e PSOE que estuda a tramitación da ILP Coparentalidade na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia.

Os grupos parlamentarios En Marea e BNG aínda non facilitaron información aos representantes da Comisión Promotora da ILP, a pesares de lles ser requirida reiteradamente.

A INFORMACIÓN que queremos facer pública na sociedade galega é a seguinte:

  • A Ponencia do Parlamento de Galicia que se ocupa das cuestións da tramitación da ILP Coparentalidade reuniuse o pasado venres 8 de xuño para estudar as repercusións do informe negativo sobre competencias emitido pola Comisión Superior do Dereito Civil Galego.
  • Os catro grupos parlamentarios entenden á vista dese informe que o Parlamento non pode lexislar sobre os contidos da ILP porque exceden das competencias lexislativas de Galicia.
  • Cada grupo parlamentario ten presentado no día de hoxe, luns día 11 de xuño, senllos escritos de emenda de supresión completa dos artigos da ILP, no día no que remataba o prazo de presentacións de emendas. O propósito desta actuación é producir o decaimento do proxecto de lei.
  • Nun intre posterior que aínda non está fixado, a Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior pronunciarase sobre as iniciativas.
  • Dado que esta situación é a primeira vez que se presenta no Parlamento de Galicia, os grupos solicitaranlle un informe aos letrados da Asesoría Xurídica do Parlamento para saber, de aceptarse as emendas de supresión completa, como deberá continuarse coa tramitación da iniciativa.

A suxerencia formulada pola Comisión Superior do Dereito Civil Galego no seu informe: “Por consenso do plenario da devandita Comisión suxírese ao Parlamento de Galicia a posibilidade de dirixirse ás Cortes Xerais instando a modificación da regulación estatal para dar cobertura xeral a esta materia”, só está recibindo o apoio do grupo do Partido Popular, que presentará unha iniciativa neste sentido no Pleno. 

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos