A Comisión 1ª do Parlamento de Galicia acordou deixar sen contido normativo a ILP Coparentalidade (12/7/2018)

3/09/2018

 

Unha vez presentadas as emendas por parte dos grupos políticos (ver noticia anterior), contituída a Ponencia dentro da Comisión1ª e emitido por esta o seu informe, a Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, en sesión do día 12 de xullo de 2018, á vista o informe emitido pola Ponencia e das emendas formuladas, aprobou o ditame e notificoullo á Mesa do Parlamento.

Ponentes titulares 

  • G.P Popular de Galicia D. Paula Prado del Río
  • G.P. de En Marea D. Paula Quinteiro Araujo
  • G.P. dos Socialistas de Galicia D. Patricia Vilán Lorenzo
  • G.P. do Bloque Nacionalista Galego D. Olalla Rodil Fernández

Pódese acceder ao texto completo das designacións no seguinte enlace: DesignaciónPonentes_rex10032757.pdf ( extraído de http://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/10/PPLI-000001 )

Informe da Ponencia

Pódese acceder ao texto completo do informe emitido o 2 de xullo de 2018 no seguinte enlace:  Publicación_do_informe_de_Ponencia_BOPG_334_B100334_pax4-8.pdf ( extraído de http://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/10/PPLI-000001 ), pero o seguinte parágrafo recolle a conclusión:

Como resumo sucinto do seu labor, a Ponencia formúlalle á Comisión a aceptación de todas asemendas presentadas. Xa que logo, propón deixar sen contido normativo a Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamentoda convivencia, ao entender que dos informes recadados se conclúe que a Comunidade Autónomagalega carece de competencias para regular esta materia.

Ditame da Comisión 1ª

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, en sesión do día 12 de xullo de 2018, á vista o informe emitido pola Ponencia e das emendas formuladas, aprobou o DITAME:

Queda sen contido normativo a Proposición de Lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia.

Pódese acceder ao texto completo do ditame emitido o 12 de xullo de 2018 no seguinte enlace:  Publicación_do_ditame_da_Comisión_BOPG_336_B100336_pax7.pdf ( extraído de http://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/10/PPLI-000001 ).

Comentario

Con posterioridade á presentación das emendas por parte dos grupos políticos e antes de que emitiran os seus ditames, a Comisión Promotora xunto cunha representación da AGPNS fixo público o día 26 de xuño a súa posición ao respecto nunha rolda de prensa. Esta reflexión tamén lla fíxo chegar directamente aos grupos do Parlamento, tanto en conversa telefónica como por correo electrónico:

Comunicado_sobre_o_tratamento_da_ILP_Coparentalidade no_Parlamento_de_Galicia_xuño_18.pdf 

Os grupos políticos do Parlamento de Galicia non modificaron a súa posición.

Tanto a rolda de prensa como a postura dos grupos políticos foron recollidos nos distintos medios de comunicación, como ilustran os seguintes artigos:

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos