A Asociación Galega de Pais e Nais Separados en colaboración coa Comisión Promotora da Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia realizamos o seguinte acto a prol da Corresponsabilidade Parental logo dunha separación, convocando a participar nel á cidadanía:
CONVOCATORIA: Non mais nenas e nenos orfos de nais e pais vivos (Convocatoria.pdf) Acto na mañá do día sábado 3 de Xuño, Praza da Quintana, Santiago de Compostela
“Polos dereitos das nenas e nenos a medrar e convivir con ámbolos dous proxenitores tras unha separación”
“Porque a Custodia Compartida é a mellor maneira de exercer a Patria Potestade da nai e do pai para coidar das súas fillas e os seus fillos
Habilitamos un espazo cunha carpa para recollida de sinaturas, xogos xigantes para nenos e enchemos a praza coas siluetas negras das nenas e nenos orfos da presencia das súas nais ou pais, pero cooridas dos que si disfrutan deles.
As 12 horas fíxose a lectura de un manifesto cos obxectivos establecidos na proposta da ILP no Parlamento de Galicia. Este é o texto do manifesto: Orfas_e_orfos_de_vivos_e_mortos.pdf .
Atendemos aos varios medios de comunicación que se achegaron para recoller os motivos da nosa actuación, que recolleron nas súas edicións do domingo o acto.
Foi unha festa de participación, creatividade, cor e bo ambente, suscitando o interese e participación de todos canto pasaba por alí, propios ou estranxeiros:
Etiquetas: recollida-sinaturas