O acto contou con cerca de 50 asistentes e desenvolveuse segundo anunciaba a convocatoria.
Todos os poñentes realizaron una primeira intervención resaltando algúns dos aspectos mais destacados da ILP e valorando a oportunidade da iniciativa. Interviron na seguinte orde: Lois Toirán, Ignacio Bermúdez, Olga Louzao, Miguel Filgueira.
A continuación abriuse o turno de intervencións do público e contestacións por parte da mesa (inicio do debate na emisión gravada 00:39:30h), que estivo orientado a cuestións derivadas da aplicación futura da norma:
Recollemos a continuación os pareceres manifestados por cada poñente, reunindo as ideas manifestadas na intervención inicial xunto coas expostas nos turnos de respostas posteriores. A gravación completa do acto está dispoñible na web da UNED mediante o seguinte enlace:
Mesa redonda. I.L.P. de Corresponsabilidad Parental presentada por Asociación Galega de Pais e Nais Separados
Introduxo o debate ilustrando coa súa propia experiencia persoal como fillo de pais divorciados: O recordo da experiencia traumática de que a el, un neno con 12 anos, nun edificio de xulgados de A Coruña, se lle preguntase sobre as súas preferencias cando o divorcio dos seus pais ¿Con quién te quieres ir?
(inicio da intervención na emisión gravada 00:02:17h)
Presentou o acto como o primeiro da serie que a AGPNS irá organizando para acompañar traballos que se desenvolvan no Parlamento. Explicou como fora o xérmolo da decisión de presentar unha ILP e que fora o resultado dos contactos informados con tódolos actores involucrados na problemática. Resaltou a relevancia social do problema, a perda inadmisible que se produce do contacto dos menores cunha parte das súas familias; a concordancia dos movementos lexislativos no plano internacional que camiñan para propiciar a custodia compartida. Reclamou que se garanta o exercicio da coparentalidade cando as partes o solicitan, que é o millor modo de atender as necesidades dos menores.
As seguinte ideas son unha escolma das súas intervencións:
A necesidade de propiciar unha millora da lexislación que incida na mentalidade de xuices e fiscais e acompañe e promova o cambio social para equipararse a comunidades autónomas pioneiras. A necesidade de un papel proactivo da figura fiscal especializada.
A transversalidade política dos apoios recibidos no panorama nacional e nas diferentes corporacións de concellos en Galicia. O apoio á fórmula da custodia compartida por parte de profesionais e expertos.
A importacia da mediación familiar como ferramenta básica de resolución dos conflitos familiares, citando a innovadora experiencia de Francia onde se convirte en requisito obrigatorio.
O ofrecemento de colaboración cos grupos parlamentarios e o trasladado do parecer de xuices e profesionais do ámbito de actuación. A constatación de que as setenzas de separación non atenden á diversidade de situacións familiares.
Constatou que non existe en nengures a práctica da aplicación imposta da custodia compartida xeralizada.
Reclamou, diante da falta de coherencia da actuación dos partidos políticos en segundo o lugar, unha resposta que se comprometa na millora da situación social actual.
Asegurou que dentro de un tempo veríase este de agora como o paso natural na evolución da sociedade.
(inicio da intervención na emisión gravada 00:12:50h)
Manifestou o agradacemento á AGPNS por unha iniciativa que deberían ter feito os políticos: os políticos reaccionan e se preocupan por esta problemática só cando se ven afectados. Considerou que a existencia da lei ofrecerá unha vía de solución aos procesos litixiosos e dará amparo a moitos proxenitores.
Observou que o cambio derivado da aplicación da ILP terá lugar no prazo dunha xeneración. Advertiu do perigo procesal dos artigos moi pechados que atan as mans dos xuices , coincidindo nos reparos do maxistrado: No art.9.5 a redacción debe establecer unha maior diferenciación de supostos.
Dado que na sociedade non hai mentalidade de mediación, será imprescindible a súa promoción para a resolución dos conflitos que non solucionará a lei por si mesma. Reclamou que o colectivo xudicial se sensibilice.
Lamentou a diferenza de evolución dos casos segundo se trate de xulgados de grandes ou pequenas localidade, porque nestas últimas os temas acaban na audiencia frecuentemente e orixínase unha demora excesiva.
Alertou da instrumentalización ou banalización das denuncias ao amparo da Lei de Violencia nas demandas xudiciais: Debe serse inexorable contra as actuacións instrumentais en denuncias de xénero
Propuxo que na lei ILP figurase un expreso impedimento de traslado fraudulento de domicilio por causa laboral. Concorda con maxistrado en que non foi apropiado nas últimas modificacións lexislativas despenalizar os incumprimentos das medidas.
(inicio da intervención na emisión gravada 00:21:20h)
Agradeceu á AGPNS a súa iniciativa e garantiu o seu apoio nos próximos pasos a dar.
Fixo unha manifestación inequívoca da posición do partido a favor da custodia compartida, para dotala de seguridade xurídica e favorecela como opción mais normal en todo o territorio do estado español. Presentouse como a forza de nivel nacional que incorpora este tema na súa “folla de ruta” e promove este cambio normativo diante da pasividade, reticencia ou oposición doutras forzas políticas, polo que o incorporaron no pacto de investidura do goberno e acaban de reclamalo novamente nos últimos meses: queren unha nova Lei do divorcio, a promoción da mediación, a Custodia Compartida.
Manifestou a necesidade que a lexislación se actualice e recolla o que o Tribunal Supremo está advertindo nas súas sentenzas. Recordou que a lexislación actual xa recolle o tratamento a aplicar en situacións de violencia. A nova lei debe establecer as garantías oportunas para o funcionamento da custodia compartida en beneficio e seguridade dos nenos, incorporando os principios de igualdade e corresponsabilidade, a extensión dos permisos familiares; para que se apliquen tanto na situación de convivencia como de ruptura da parella.
(inicio da intervención na emisión gravada 00:30:10h)
Non fixo unha valoración de conxunto ou da oportunidade política da lei senón que realizou diferentes apreciacións.
En relación ao art.9.5 sobre atribución da garda e custodia, advertiu que a condición da non existencia de condea aparece actualmente cunha redacción taxativa na ILP que debería ser excepcionable atendendo ás circunstancias do caso.
Reclamou o compromiso dos profesionais e especialmente reclamou actitude dos proxenitores. Advertiu que a controversia procesal é un camiño irresoluble de conflitos en moitas ocasións porque non serán as resolucións xudiciais as que o solucionen todo: Non bastará tampouco o novo enunciado dunha lei. Observou que xa na ILP existen disposicións adicionais para o desenvolvemento de programas sociais e recoñeceu a necesidade dunha xeración ou dúas no proceso de implantación da ILP.
Indicou que os xulgados de familia non teñen recursos dabondo para facer executar as setenzas en prazo e iso é desesperante para a vida familiar. Resaltou que despenalizar os incumprimentos eliminou un importante instrumento de intervención xudicial. Advertiu da necesidade de perseguir os usos fraudulentos da Lei de Violencia, por moi excepcionais que sexan, dado o gran dano que causan na aplicación dunha lei de tipo específico como a de Violencia sobre a muller.
MESA REDONDA | ||||
Título |
I.L.P. de Corresponsabilidade Parental presentada pola AGPNS |
|||
Organiza |
Asociación Galega de Pais e Nais Separados |
|||
DATA |
xoves 2/11/2017 ás 19 h |
|||
LUGAR |
Salón de Actos da UNED de A Coruña |
|||
Preside e Modera |
D. Agustín Lesta Conchado, profesor Univ. Rey Juan Carlos I |
|||
Poñentes |
Dna. Olga Louzao Aldariz, Portavoz Cs Galicia D. Miguel Filgueira Bouza Magistrado, Xuíz de Violencia sobre a Muller de A Coruña D. Ignacio Bermúdez de Castro-Olavide, Asesor Xurídico AGPNS D. Lois Toirán Vázquez, Presidente Asociación Galega de Pais e Nais Separados (AGPNS) e membro da Comisión Promotora da I.L.P. |
|||
Axenda |
19:00 h. Breve presentación polos poñentes 19:40 h. COLOQUIO e DEBATE |
|||
|
Etiquetas: debate-custodia-compartida