A Asociación Galega de Pais e Nais Separados en colaboración coa Comisión Promotora da Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia convocamos e instalamos, o sábado 10 de xuño en Ourense, a mesa final da campaña de recollida de sinaturas da ILP, acto do que se fixeron eco diversos medios de comunicación en Galicia:
CONVOCATORIA: A Comisión Promotora finaliza na cidade a serie de actos de recollida de sinaturas que se levaron a cabo nas diferentes cidades, vilas e comarcas de Galicia (Mesa_Ourense_nota_prensa_10_xuño.pdf)
Atendemos aos varios medios de comunicación (radio, prensa, televisión) que se achegaron ou contactaron con nós para informar dos motivos da nosa actuación, publicandose nas súas edicións dese mesmo día e do domingo.
A participación da xente de Ourense foi moi cálida e interesada, e aínda se colleitou unha boa cantidade de sinaturas. E boeno, como vedes o final do día non estivo mal ¿Nonsí?:
A noticia na Prensa
Padres y madres divorciados reivindicarán en la calle del Paseo la regulación de la coparentalidad (http://www.laregion.es/articulo/ourense/campana-custodia-compartida-llega-ciudad/20170609080644714775.html)
Pais separados recollerán firmas este sábado en Ourense en apoio á súa ILP de custodia compartida (http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/59134-pais-separados-recolleran-firmas-sabado-ourense-apoio-ilp-custodia-compartida)
Na Televisión de Galicia infórmase da ILP Coparentalidade e da nosa actividade en Ourense (ver a publicación e video orixinal en http://www.crtvg.es/informativos/recollen-15-000-sinaturas-pola-custodia-compartida-3028457 :
Etiquetas: recollida-sinaturas