Posición do BNG no debate de toma en consideración

No pleno do día 17 de outubro, o BNG votou en contra da toma en consideración da ILP. A súa posición política está recollida na web do BNG, que da conta da postura manifestada pola súa a  portavoz, Olalla  Rodil (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Rodil Fernández, Olalla), durante a intervención no pleno do Parlamento:

http://www.bng.gal/articulo/novas/bng-apoia-corresponsabilidade-na-crianza-ds-fills-rexeita-custodia-compartida-imposta/20171017121429020898.html

En contra do que nos anunciaran nos contactos previos, a consideración por tratarse dunha Iniciativa Lexislativa Popular non foi dabondo para aceptar que entrase no Parlamento e prolongar o debate nos traballos de millora do texto.

A intervención da representante do BNG pode reproducirse completa na web do Parlamento:

http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/library/items/pleno-2017-10-17?part=3fb7de95-be7f-4a8f-b0f5-f26b727e2dc0&start=1748

Contactos previos co grupo parlamentario do BNG

Este luns 4 de setembro mantivemos a primeira xuntanza coa interlocución do Grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia. Foi o primeiro contacto mantido dende que presentamos a ILP, aínda que lles fora solicitada cando aos restantes grupos políticos e reiterada a petición en varias ocasións.

O noso interlocutor foi Xosé Luís Bara (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Bará Torres, Xosé Luís). Por parte da Comisión Promotora acudimos Lois Toiran, J.Carlos Varela, Juán Boo e Abel Lamas.

Como aos restantes grupos,  solicitámoslles que non abordasen a cuestión dende unha perspectiva da política de partidos senón como unha problemática social de caracter transversal que necesita unha fonda millora no seu tratamento.

Explicáronnos que a toma de posición como grupo en relación á ILP a farían pública cando se celebrase o debate de toma en consideración por parte do Parlamento, no que votarán a favor porque responde á súa política de favorecer a participación popular. De ser tomada en consideración por parte do Parlamento, traballarán para introducir modificacións que ao seu entender milloren o texto. Manifestáronse abertos a manter unha comunicación fluída coa Comisión Promotora durante a fase de emendas e ponencia.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos