No pleno do día 17 de outubro, o PP votou a favor da toma en consideración da ILP. A súa posición política está recollida na web do Partido Popular de Galicia, que da conta da postura manifestada pola súa viceportavoz, Paula Prado, durante a intervención no pleno do Parlamento:
A intervención da representante do Partido Popular pode reproducirse completa na web do Parlamento:
Este luns 7 de agosto mantivemos unha nova xuntanza cos interlocutores do Grupo parlamentario do Partido Popular no Parlamento de Galicia. Foi o primeiro contacto logo do mantido o 31 de xaneiro cando lles presentamos a ILP e lle solicitáramos unha unha actitude institucional e non partidista á hora da tramitación parlamentaria.
Naquel entón amosaran o seu interese na iniciativa pero non comprometeran nin anticiparan cal sería súa posición cando se iniciara a tramitación parlamentaria. Nesa primeira ocasión os nosos interlocutores foron Paula Prado (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Paula Prado del Rio); Marta Rodríguez (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Marta Rodríguez Arias) e Jacobo Moreira (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Jacobo Moreira Ferro). Por parte da Comisión Promotora, acudimos Lois Toiran, Raul Costas, Isabel Pereria e Abel Lamas.
Agora, a nosa interlocutora Paula Prado volveu a reiterarnos que o PP aínda non tomara unha decisión final como grupo en relación á ILP pero que sí serían partidaros da súa toma en consideración por parte do Parlamento e de propiciar o máximo de entendemento posible coas restantes forzas políticas. Ofreceunos a súa disposición para que na fase de emendas e traballo en Ponencia poidéramos facerlles chegar a nosa valoración sobre as cuestións e modificacións que se propoñan sobre o texto orixinal, así como ter en conta as opinións dos especialistas que en cada tema poidéramos propocionarlles. Nesta ocasión por parte da Comisión Promotora acudimos Lois Toiran, Pilar Noyano e Abel Lamas.