Comisión Promotora
A Comisión Promotora está integrada polos asinantes do escrito de presentación da ILP no Parlamento de Galicia. Aquí podes descargar o documento de rexistro da nosa iniciativa Promotores_ILP_Coparentalidade.jpg
O Parlamento de Galicia admite a ILPO texto da proposición de lei de iniciativa lexislativa popular "de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia" foi admitido a trámite pola Mesa do Parlamento de Galicia o 28 de outubro de 2016. |
Comeza a recollida de sinaturasO 2 de decembro de 2016 son nomeados os fedatarios especiais pola Xunta Electoral de Galicia e comezamos a recollida de sinaturas. |
Sinaturas ata o día 16/06/2017Acadamos as 15195 sinaturas recollidas (a 16/06/2017) e a súa verificación no censo certificou 14468 sinaturas válidas |
O Parlamento considerou a ILP o 17/10/2017A Mesa do Parlamento de Galicia solicitou o 4/07/2017 á Xunta de Galicia os informes preceptivos sobre afectación do Orzamento e Impacto de Xénero (recibido o 18/09/2017). O debate en pleno de toma en consideración da ILP foi o 17/07/2017. Por ampla maioría tomouse !afirmativamente! en consideración. |
¡Mais que unha ILP!A recollida das 10.000 sinaturas permitirá que no Parlamento de Galicia se debata a toma en consideración e posterior tramitación como Proxecto de Lei do texto da ILP refrendada por moitos galegos, pero en paralelo esta iniciativa tamén quere servir para propiciar a reflexión social e millorar a atención ao menor. Más información |
Quen somos
Integramos a comisión promotora, a título invidual, distintos membros da Asociación Galega de Pais e Nais Separados e persoas que non sendo socios sumaron o seu esforzo a esta iniciativa.
Na imaxe podes vernos á maioría no día en que presentamos formalmente a iniciativa no Parlamento de Galicia.
Quen nos apoia
No seo da Asociación Galega de Pais e Nais Separados xurdiu esta iniciativa e a Asociación é a súa principal valedora achegando o seus recursos organizativos e loxísticos.
A Confederación de Asociaciones de Padres y Madres Separados CONPAPAYMAMA prestou o seu apoio á nosa iniciativa dende o seu xérmolo, aportando a experiencia doutras Comunidades Autónomas onde proxectos somellantes ao noso xa levan un tempo aprobados nos respectivos parlamentos.
As seguintes institucións, grupos e colectivos están colaborando e manifestando o seu apoio á ILP:
- Asociación Galega para a Mediación AGAME http://asociacionagame.org
- Unidade de Psicoloxía Forense e do Servizo de Mediación Familiar da Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/gl/servizos/uforense//
- O Colectivo Preescolar na casa
- O Colectivo Andaina
Diversos Concellos de Galicia teñen aprobado mocións de apoio á ILP solicitando aos grupos políticos do Parlamento de Galicia que a tomen e consideración para o seu debate, millora e aprobación final:
- Concello de Begonte (20/01/2017) primeiro Concello de Galicia en aprobar unha moción de apoio á ILP
- Concellos de:
- Sober
- Monforte (14/02/17)
- Quiroga (16/02/17)
- O Courel (24/02/17)
- Culleredo 09/03/17)
- Bóveda (10/03/17)
- Boiro (16/03/17)
- Pobra do Brollón (27/03/17)
- Riotorto (7/04/17)
- O Saviñao (28/04/2017)
- Muiños (Ourense) (28/04/2017)
- Viveiro (03/05/2017)
Noutros Concellos de Galicia estanse presentando mocións de apoio:
- Concellos onde están presentadas mocións de apoio: Ribas do Sil, Pantón e Escairón.
- Concellos onde se presentarán mocións de apoio: Concello de Ames.